Deputación e Concello melloran con 110.000 euros a estrada que vai de Lugo a Ponte Ombreiro
É a vía que une a estrada de Marques de Ombreiro, na zona das Saamasas con Ombreiro. As melloras que benefician ao 300 veciños que viven nesta parroquia, así como a ducias de usuarios que empregan esta estrada acotío para se desprazaren
O Presidente destacou que “son actuacións moi necesarias coas que melloramos a calidade de vida dos veciños da provincia, especialmente os do rural, dotándoos dunhas infraestruturas de primeiro nivel e coas que se mellora o seu día a día”
Méndez López subliñou a necesidade de que as administracións públicas traballen man con man, en beneficio da cidadanía e explicou que “tanto Deputación como Concello desenvolvemos un intenso traballo para mellorar servizos que permitan aos nosos cidadáns vivir nos seus lugar de orixe con calidade”
O Presidente, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, acompañados de veciños, supervisaron este martes o resultado dos últimos traballos de mellora na estrada LU-P-2902, que vai de Lugo a Ponte Ombreiro, nos que o Goberno Provincial investiu uns 110.000 euros. As actuacións consistiron na mellora do firme con aglomerado en quente, así como o aumento da seguridade a través da instalación de sinalización vertical e repintado, nun treito de 3.8 quilómetros, comprendidos entre os puntos 3.2 e 7.
Trátase dunha vía de comunicación que une a estrada de Marques de Ombreiro, na zona das Saamasas, con Ombreiro. Son melloras que benefician de xeito directo aos máis de 300 veciños que viven nesta parroquia, así como a ducias de usuarios que empregan esta estrada acotío para se desprazaren.
Campos Conde destacou que “son actuacións moi necesarias coas que promovemos e melloramos a calidade de vida dos veciños da provincia, especialmente os do rural, dotándoos dunhas infraestruturas de primeiro nivel e coas que se mellora o seu día a día”.
Méndez López subliñou a necesidade de que as administracións públicas traballen man con man, en beneficio da cidadanía e explicou que “tanto Deputación como Concello de Lugo desenvolvemos un intenso traballo para mellorar servizos que permitan aos nosos cidadáns vivir nos seus lugar de orixe con calidade”.
Máis melloras en estradas
Campos Conde lembrou que ademais destra vía, Deputación e Concello de Lugo mellorarán con outros 112.000 euros outros 3.8 quilómetros de 3 vías provincias no municipio lucense, sumando no seu conxunto, un investimento superior aos 222.000 euros. Estas son a LU-P-9207, que vai do Campo da Barra a Coeses; na que se executarán melloras entre o punto 0 e o 1.1; a LU-P-2913, de Coeses a Terlama, entre o punto 0 e o 1.1; e a LU-P-2920, de Albares a Nadela, tamén entre os puntos 0 e 1,1