Menu toggle
Innovación e TIC

PROYECTO LugO2 PROVINCIAL

 

lugo2

 

O proxecto LugO2 Provincial é un proxecto integral de rexeneración rural dirixido aos 66 concellos da provincia de Lugo, cuxo obxectivo é o desenvolvemento da provincia a través da posta en valor dos recursos naturais dispoñibles, a sensibilización medioambiental de habitantes e visitantes, a mellora da eficiencia enerxética e a busca dun modelo económico sostible dende o punto de vista medioambiental.

As actuacións realizadas no proxecto LugO2 Provincial son as que se relacionan a continuación:

  • Actividades impulsoras do emprego verde.- Dentro desta actuación realizáronse as seguintes actividades:
     
    • Potenciación da agricultura e gandeiría ecolóxicas e aproveitamento forestal sostible. Posta en valor da riqueza natural da provincia. Captación e sensibilización da poboación para fomentar a agricultura ecolóxica e a gandeiría ecolóxica e forestal sostible na provincia de Lugo; formación a través de cursos e seminarios; experiencia piloto na que se desenvolveron prácticas na materia dos sectores anteriormente mencionados; creación dun portal web no que se recollen todas as accións levadas a cabo neste programa; xornada e mesa de traballo para a posta en valor do sector lácteo.
    • Acondicionamento e mellora de diversas rutas de sendeirismo, poñendo en valor a riqueza natural da provincia e contribuíndo ao desenvolvemento socioeconómico das Reservas da Biosfera.
    • Guía de boas prácticas para a compra verde da administración e empresas lucenses. Dirixida a institucións e empresas, informando, concienciando e asesorando ás mesmas sobre compras intelixentes, en relación con bens, servizos, etc, conservadores co medio ambiente.
    • Potenciación de produtos autótonos.
    • Proceso de captación, selección e adhesión de empresas para obter os distintivos de garantía LugO2 e Lugosabe. Desenvolvéronse novas rutas turísticas ambientais, iniciativas de cociña autótona e asistencia a feiras e eventos. Creouse un mercado de nadal no que se promocionaban os produtos autótonos da provincia, impulsando a súa venda.
    • Realizáronse auditorías para a concesión das marcas ás empresas interesadas, así como auditorías de seguemento e verificación das marcas obtidas en procesos anteriores.
    • Xestión de espazos naturais para o mantemento da declaración de Reservas da Biosfera. Campaña educativa e divulgativa en centros de educación primaria da provincia, así como actividades formativas co desenvolvemento dun Máster en dirección de actividades educativas da natureza.
    • Deseño e execución dun proxecto museolóxico e museográfico do Mazo de Santa Comba, conxunto de patrimonio hidráulico-etnográfico; creación de portais didáctico- ambientais das Reservas da Biosfera de Terras do Miño e Ancares Lucenses.
    • Actualización de plans de acción das Reservas da Biosfera.
       
  • Mellora da eficiencia enerxética da provincia. Dentro desta actuación realizáronse as seguintes actividades:
    • Programa de auditorías enerxéticas en edificios públicos e iluminación pública nos concellos da provincia de Lugo.
    • Implantación de enerxías renovables. Nesta actuación desenvolvéronse as seguintes actividades:
      • Acordo marco de subministración e instalación de equipamento para a mellora da eficiencia enerxética en concellos da provincia de Lugo adscritos ao programa de auditorías enerxéticas.
      • Instalación solar térmica para produción de auga quente sanitaria e quencemento de vaso na piscina climatizada de Monterroso.
      • Experiencia piloto para a aplicación de enerxías renovables en sistemas de climatización: caldeira de biosmasa de 112 kw para usos térmicos na casa consistorial do concello da Fonsagrada e caldeira de biomasa de 56 kw na casa consistorial de Rábade.
      • Experiencia piloto de produción de enerxía renovable, mediante a produción de biogas e enerxía eléctrica na Granxa Gayoso Castro, propiedade da Deputación de Lugo.
      • Experiencia piloto de iluminación eficiente na fachada do edificio Fogar de Santa María, propiedade da Deputación de Lugo.
         
  • Programa Km0 Social:
    • Contratación de guías turísticas para o acompañamento nas rutas: tarefas de xestión e realización de viaxes.
    • Organización de rutas de sensibilización medioambiental no ámbito do Km0- Barco Muralla de Lugo. Tarefas de información, difusión e asesoramento medioambiental no lugar no que se instalou o aula móbil Barco Muralla.
    • Transporte nas rutas de Km0 Social.
    • Adquisición de produtos autótonos para súa difusión a través das rutas.
       
  • Actividades de sensiblización medioambiental.
    • Instalación de cinco parques de ocio medioambiental. O seu obxectivo principal é promover a diversión e o exercicio en contacto coa naturaleza, xenerando un atractivo turístico na zona e aumentando os niveles de calidade de vida e benestar dos seus habitantes.
    • Campamentos de sensibilización medioambiental. Realización de diferentes actividades de ocio ao aire libre, tanto terrestres como acuáticas, destinadas especialmente a nenos e xuventude lucense; visita de escolares a dúas instalacións da provincia adicadas a centro de interpretación zoolóxico e centro de ocio educativo; campamentos para xóvenes agricultores e gandeiros, co obxecto de formar á poboación en aspectos ambientais tales como a conservación de recursos naturais, etc.
    • Material didáctico ambiental.
       
  • Plan de promoción e difusión do proxecto LugO2 Provincial.
    • Material de difusión.
    • Páxina web.
    • Imaxe de marca
    • Xornadas informativas, sesións, seminarios, participación en feiras e en redes de intercambio.
    • Publicidade en medios de comunicación.