DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA

De acordo coas bases reguladoras publícanse os modelos para xustificar as subvencións concedidas

Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace: (DEBERÁ CREAR UN NOVO EXPEDIENTE NA SEDE ELECTRÓNICA)

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede

  • Sede electrónica

  • Tramites xerais

  • Presentación de escritos

  • Alta de solicitude 

DOCUMENTACIÓN

Os requirimentos de emenda de documentación realizaranse a través da sede electrónica.

O prazo para presentar a xustificación finalizará o 31 de marzo de 2022 (xoves)

_______________________________________________________________________________________________________________________

PUBLICACIÓN NO BOP DE DATA 13 DE NOVEMBRO DE 2021

_______________________________________________________________________________________________________________________

PUBLICACIÓN NO BOP DE DATA 9 DE OUTUBRO DE 2021

_______________________________________________________________________________________________________________________

 

De acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Lugo http://www.deputacionlugo.gal/.

 

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Deputación de Lugo.

 

Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:

 

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede

 

  • Sede electrónica

  • Tramites xerais

  • Presentación de escritos

  • Alta de solicitude

De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

 

IMPORTANTE: toda a documentación deberá presentarse a través da sede electrónica e en formato PDF.

Asi mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.

Para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:

  • Acceder e identificarse na sede electrónica da Deputación

  • Entrar en "O meu cartafol"

  • Os meus expedientes

  • Incorporar documentación

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP de Lugo do extracto da convocatoria (BOP Núm. 128 do martes, 08 de xuño 2021), polo tanto o prazo remata o 15 de xuño de 2021.

Bases

Documentación que debe presentar:

  • Anexo I. (pdf editable, prema, descargue e garde)

  • Anexo II. (pdf editable, prema, descargue e garde)

  • Anexo III. (pdf editable, prema, descargue e garde)

  • Anexo IV. (pdf editable, prema, descargue e garde)

  • Anexo V(pdf editable, prema, descargue e garde)

  • Certificación da respectiva federación da correspondente disciplina deportiva das seguintes circunstancias, referidas á temporada deportiva 2020-2021

  • Proxecto e memoria completa e detallada da actividade deportiva e competitiva programada.

  • Copia do NIF do representante legal da entidade

  • Copia do NIF da entidade

  • Copia dos estatutos da entidade, inscritos no rexistro de asociación/entidades correspondente. No caso de telos presentados con anterioridade, deberá achegar certificado actualizado do secretario da entidade de que non se produciran modificacións desde a data da súa presentación. (Anexo IV)

  • Copia de certificado de inscrición no respectivo rexistro de entidades deportivas da Xunta de Galicia, no que conste o domicilio social do club ou copia de documento acreditativo análogo expedido pola delegación ou xefatura territorial competente. O referido documento deberá estar actualizado, como mínimo á data de publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. En consecuencia, non se considerará válido, o certificado ou documento acreditativo análogo de data anterior á data de publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo

  • Certificados de estaren ao corrente no cumprimento das obrigas coa Axencia Tributaria Estatal, Facenda da Xunta de Galicia, coa Seguridade Social e o Servizo de Recadación Provincial, impostas polas disposicións vixentes. (De non constar autorización á deputación para solicitalos e para importes superiores a 3.000,00)

Extracto convocatoria

Información: 982 260 063

veronica.culturaedeporte@deputacionlugo.org

Axenda Deportes e Mocidade