DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA
De acordo coas bases reguladoras publícanse os modelos para xustificar as subvencións concedidas
Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace: (DEBERÁ CREAR UN NOVO EXPEDIENTE NA SEDE ELECTRÓNICA)
https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede
Sede electrónica
Tramites xerais
Presentación de escritos
Alta de solicitude
DOCUMENTACIÓN
Facturas polo importe da subvención concedida. (DEBERÁ ESCANEAR AS FACTURAS E INCORPORALAS CO EXPEDIENTE ELECTRÓNICO)
Certificados de estar ao corrente das obrigas tributarias coa Deputacion Provincial, a Xunta de Galicia, Axencia Tributaria e Seguridade Social.
Comprobantes do pagamento das facturas presentadas
Documento bancario actual do club co CIF
Os requirimentos de emenda de documentación realizaranse a través da sede electrónica.
O prazo para presentar a xustificación finalizará o 31 de marzo de 2022 (xoves)
_______________________________________________________________________________________________________________________
PUBLICACIÓN NO BOP DE DATA 13 DE NOVEMBRO DE 2021
ÁREA DE DEPORTES, ARTESANÍA E DESEÑO, MEMORIA HISTÓRICA
_______________________________________________________________________________________________________________________
PUBLICACIÓN NO BOP DE DATA 9 DE OUTUBRO DE 2021
ÁREA DE DEPORTES, ARTESANÍA E DESEÑO, MEMORIA HISTÓRICA
_______________________________________________________________________________________________________________________
De acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Lugo http://www.deputacionlugo.gal/.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Deputación de Lugo.
Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:
https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede
Sede electrónica
Tramites xerais
Presentación de escritos
Alta de solicitude
De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
IMPORTANTE: toda a documentación deberá presentarse a través da sede electrónica e en formato PDF.
Asi mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.
Para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:
Acceder e identificarse na sede electrónica da Deputación
Entrar en "O meu cartafol"
Os meus expedientes
Incorporar documentación
Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP de Lugo do extracto da convocatoria (BOP Núm. 128 do martes, 08 de xuño 2021), polo tanto o prazo remata o 15 de xuño de 2021.
Documentación que debe presentar:
Anexo I. (pdf editable, prema, descargue e garde)
Anexo II. (pdf editable, prema, descargue e garde)
Anexo III. (pdf editable, prema, descargue e garde)
Anexo IV. (pdf editable, prema, descargue e garde)
Anexo V. (pdf editable, prema, descargue e garde)
Certificación da respectiva federación da correspondente disciplina deportiva das seguintes circunstancias, referidas á temporada deportiva 2020-2021
Proxecto e memoria completa e detallada da actividade deportiva e competitiva programada.
Copia do NIF do representante legal da entidade
Copia do NIF da entidade
Copia dos estatutos da entidade, inscritos no rexistro de asociación/entidades correspondente. No caso de telos presentados con anterioridade, deberá achegar certificado actualizado do secretario da entidade de que non se produciran modificacións desde a data da súa presentación. (Anexo IV)
Copia de certificado de inscrición no respectivo rexistro de entidades deportivas da Xunta de Galicia, no que conste o domicilio social do club ou copia de documento acreditativo análogo expedido pola delegación ou xefatura territorial competente. O referido documento deberá estar actualizado, como mínimo á data de publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. En consecuencia, non se considerará válido, o certificado ou documento acreditativo análogo de data anterior á data de publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Certificados de estaren ao corrente no cumprimento das obrigas coa Axencia Tributaria Estatal, Facenda da Xunta de Galicia, coa Seguridade Social e o Servizo de Recadación Provincial, impostas polas disposicións vixentes. (De non constar autorización á deputación para solicitalos e para importes superiores a 3.000,00 €)
Información: 982 260 063
veronica.culturaedeporte@deputacionlugo.org