Deputación de Lugo

A Deputación únese á Asociación Sénior de Telefónica en Lugo para conmemorar o centenario da compañía

xubilado
TELEFONICA
centenario

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este venres no Vello Cárcere na inauguración da exposición organizada pola Asociación Sénior de Telefónica en Lugo con motivo da conmemoración do centenario da compañía. A mostra está composta por 170 fotografías, equipos e materias que percorren os 100 anos de Telefónica na provincia. Pódese visitar ata o 3 de maio no Centro Sociocultural da capital lucense, e forma parte dos actos de conmemoración que organiza o colectivo, e aos que se suma a Deputación. A institución provincial achega 3.000€ ao colectivo, que celebrará o vindeiro 26 de abril en Lugo unha Xuntaza do Noroeste Galicia-Asturias.