Deputación de Lugo

O Presidente asiste á toma de posesión do delegado do Estado na Zona Franco de Vigo

toma de posesión
delegado zona franca
vigo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este xoves á toma de posesión de David Regades como delegado do Estado na Zona Franca de Vigo. No acto, que tivo lugar na sala polivalente do auditorio Mar de Vigo, o mandatario provincial sinalou que as boas relacións entre ambas institucións servirán para seguir mellorando o desenvolvemento económico de Lugo e creando oportunidades empresariais no territorio. O Consorcio da Zona Franca da cidade Olívica é unha institución pública creada en 1947 para potenciar o comercio e a actividade económica desde o sur de Galicia e está integrado polo Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra, a Cámara de Comercio, a Autoridade Portuaria e o Goberno de España.