Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación colabora coa organización da Camovi, que se celebra os días 20 e 21 en Viveiro

EFRÉN CASTRO
camovi
Viveiro

O vicepresidente Efrén Castro participou esta mañá na presentación da décimo terceira edición da Camovi, que se celebrará os días 20 e 21 de abril nos montes de Viveiro.

A área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora no patrocinio da proba que, a falta do peche das inscricións, conta con máis de 900 persoas inscritas nas diferentes modalidades de participación que ofrece  –  42 quilómetros individual,  42 quilómetros con relevos, 21 quilómetros, 10 quilómetros, Camovi Kids e unha andaina de 10 quilómetros-

Efrén Castro valorou  “a variedade de modalidades de participación que ofrece a proba, con carreiras de 42 quilómetros de máxima esixencia física, na que participan deportistas de alto nivel, con percorridos máis asequibles, que abren a proba a persoas que queren disfrutar do deporte na natureza ” e  destacou “a Camovi como un exemplo do que as probas deportivas poden contribuír a promoción do territorio”.

A Camovi 2024 será unha homenaxe a Ramón Blanco, falecido o pasado mes de agosto. O alpinista, nado en Xerdiz (Ourol) e emigrado a Venezuela e coñecido por alcanzar o Everest cumpridos os 60 anos, participou en varias edicións na Camovi, contribuíndo á súa sona internacional.