Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación felicita aos profesionais homenaxeados na Gala Provincial da Hostalería Lucense

GALA
Asociacións de Hostalaría
Lugo

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este luns en Lugo na Gala Provincial da Hostalería Lucense, organizada pola Asociación Provincual de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL), entidade coa que colabora a Deputación. A cita, que tivo lugar no Hotel Méndez Núñez, regresou este ano á capital lucense. Un dos momentos álxidos da noite foi a entrega dos Premios a Toda unha Vida nos fogóns, cos que foron recoñecidos catro hostaleiros da provincia.

Miguel Fernández felicitou aos homenaxeados polo seu traballo, dedicación e compromiso co sector da hostalería, "embaixadores da nosa provincia, fiel espello da nosa cultura e das nosas costumes", motivo polo que “as administracións e o conxunto da sociedade debemos estar ao voso carón”.