Deputación de Lugo
Medio ambiente

A Deputación celebra o Memorial José Antonio Guerreiro coa Asociación de Pescadores da Ulloa

A Voceira socialista do Goberno provincial e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asistiu este sábado a unha nova edición do Memorial José Antonio Guerreiro, organizado pola Asociación de Pescadores da Ulloa. García Porto felicitou á organización por promover esta iniciativa, que contribúe a poñer en valor o “patrimonio natural tan rico e diverso” do que goza a comarca e o conxunto da provincia, e que, subliñou, “temos a obriga de coidar e respectar”. A Asociación de Pescadores da Ulloa, unha das sociedades de pesca con maior número de socios na provincia -máis de 600-, organiza dende hai 24 anos en torno aos meses de abril e maio este concurso social de pesca sen morte para os socios da entidade que leva o nome do seu fundador.