Deputación de Lugo
Formación

A Deputación dá a benvida en Guitiriz aos participantes dun taller de nutrición en pacientes con enfermidade renal

obradoiro
nutrición
Guitiriz

A Deputada de Muller e Igualdade e Alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, deu a benvida este venres aos participantes no 13º Taller de Nutrición en Pacientes con Enfermidade Renal Crónica, que organiza este fin de semana o Hospital Ribera Polusa e a Sociedade Española de Nefroloxía no Hotel Iberik de Guitiriz. Unha cita coa que colabora a institución provincial a través dunha achega de preto de 1.700€ e que contará con relatores expertos de toda España. “A toma de conciencia da importancia da nutrición como elemento fundamental da saúde, do benestar, é unha das grandes revolucións sanitarias das últimas décadas”, sinalou Morandeira nun acto no que destacou ademais a importancia destas xornadas para seguir avanzando no coidado e no tratamento das persoas con enfermidade renal crónica.