Deputación de Lugo
Economía
Turismo

O Presidente destaca o bo traballo dos produtores nunha nova edición da Feira do Queixo do Cebreiro

PEDRAFITA DO CEBREIRO
Feira do Queixo Cebreiro
José Tomé Roca participou este venres nos actos desta cita da Montaña, entre os que se incluíu o pregón que oficiaron representantes do CPI Uxío Novoneira, a música, o baile rexional e as degustacións culinarias

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou na Feira do Queixo do Cebreiro que se celebrou este venres no concello da Montaña. O mandatario provincial puxo en valor o traballo e bo facer dos produtores, a veciñanza e o Concello de Pedrafita do Cebreiro na recuperación deste produto, agora recoñecido con Denominación de Orixe. 

Tomé Roca asistiu ao pregón que ofreceron representantes do CPI Uxío Novoneira, ademais de percorrer os postos que encheron a feira un ano máis con produtos moi diversos. Na xornada non faltou a música, o baile rexional e as degustacións culinarias.