Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes formou a gandeiros co apoio da Vicepresidencia da Deputación

RURAL
SOCIEDADE GALEGA DE PASTOS E FORRAXES
formación gandeiros

A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes formou a gandeiros e gandeiras no concello de Meira sobre a fertilización con xurro, as normas e a maquinaria de aplicación deste. Entre o temario aproximáronse ao estado da fertilidade dos solos nas granxas e coñeceron sistemas de aplicación da man de Eloi Villada, fundador da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, e de Marcos Vázquez Marey, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas de Lugo. Esta actividade forma parte da colaboración que mantén a área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo con esta entidade.