Deputación de Lugo
Medio ambiente
Turismo

O Presidente explica ao Alcalde de Antas de Ulla e ao Instituto de Estudos Ulloáns o proxecto do Parque Central de Galicia

parque central de Galicia
Antas de Ulla
José Tomé Roca xunto á Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, mantivo en San Marcos senllos encontros co rexedor e co presidente da entidade para expoñerlles a iniciativa que impulsa a institución provincial no centro xeográfico galego, situado no lugar de Nugallás, na parroquia de San Fiz de Amarante

O Presidente presentará o vindeiro 17 de abril a todos os veciños e veciñas o proxecto co que a Deputación acondicionará e porá en valor o lugar, creando un gran espazo público de lecer e natureza que dinamizará a economía e o emprego de Antas e de toda a comarca da Ulloa e a provincia

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto á Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, mantivo este mércores senllos encontros no Pazo de San Marcos co Alcalde de Antas de Ulla, Javier Varela, e co presidente do Instituto de Estudos Ulloáns, Frascisco Pardo, para avanzarlles e explicarlles o proxecto do Parque Central de Galicia, que impulsa a institución provincial no centro xeográfico galego, situado no lugar de Nugallás, na parroquia de San Fiz de Amarante. O Presidente prevé presentar publicamente a iniciativa a todos os veciños e veciñas o vindeiro 17 de abril nun acto aberto no que exporá os detalles e as actuacións concretas que se acometerán.

José Tomé explicou ao rexedor de Antas e a o presidente do Instituto de Estudos Ulloáns que o obxectivo da Deputación é crear un gran espazo público de lecer e natureza no centro xeográfico de Galicia, acondicionando e poñendo en valor este lugar, o que  dinamizará o emprego e a economía do municipio de Antas de Ulla, da comarca e do conxunto da provincia. 

“Este ambicioso proxecto suporá un revulsivo turístico e económico para a comarca da Ulloa e para o resto da provincia, enmarcado no forte compromiso da Deputación polo reequilibrio territorial e a fixación de poboación no entorno rural, creando novos postos de traballo e dinamizando a actividade económica”, destaca o mandatario provincial. 

Encontro do presidente do Instituto de Estudos Ulloáns