Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación abre ao tráfico a estrada do Piornedo

Rede provincial de estradas
piornedo
A institución desenvolveu os traballos para limpar a vía no prazo previsto dunha semana tras o desprendemento de pedras ocorrido o día 1 de xaneiro

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, responsable directo da área de Xestión de Territorial, informou de que a estrada provincial que dá acceso ao núcleo do Piornedo, no concello de Cervantes, quedou aberto este venres ao tráfico tras rematar no prazo previsto dunha semana os traballos para despexar a vía do derrubamento de terras ocorrido o día 1 de xaneiro.

A institución provincial mobilizou medios humanos e técnicos dende o primeiro momento para despexar a estrada no menor tempo posible, co obxectivo de dar unha solución que garanta a seguridade viaria dos usuarios e usuarias que utilizan esta vía de comunicación. O incidente aconteceu á altura do punto quilométrico 16,100, a uns dez quilómetros do Piornedo, quedando totalmente cortada polas pedras e a terra que se desprendeu.  


Os traballos desenvolvéronse de maneira rápida e eficaz e consistiron en picar a pedra, cargala e retirala, ademais de consolidar os taludes. A Deputación ten previsto rexenerar o firme cando as condicións meteorolóxicas melloren, xa que estes días o temporal de neve e xeo dificultan e impiden estas actuacións.