Deputación de Lugo

A Deputación colabora coa Confraría Santo Cristo del Perdón con motivo do seu 70 aniversario

A Deputación de Lugo colabora coa Confraría Santo Cristo del Perdón, que conta con máis de 600 integrantes, sobre todo do municipio de Lugo, aínda que tamén de Monforte de Lemos e Vilalba, para a conmemoración do seu 70 aniversario cunha achega de 10.500€. 

O Presidente, José Tomé Roca, e o representante da confraría, José Luis Cancela Rodríguez, formalizaron no Pazo de San Marcos o convenio regulador desta axuda, coa que a entidade poderá adquirir trofeos alegóricos á provincia de Lugo para entregalos a benfeitores da confraría en recoñecemento ao seu labor.