Deputación de Lugo
Parque móbil

A Deputación renova unha furgoneta do Parque Móbil para mellorar o servizo de mantemento das estradas

Parque móbil
Cun investimento de preto de 25.900€, a institución provincial adquiriu un vehículo de 6 prazas, que se utilizará para cooperar cos concellos no arranxo de incidencias nas vías municipais e tamén en obras de rehabilitación de firmes

A Deputación de Lugo vén de recibir unha nova furgoneta para o Parque Móbil co obxectivo de prestar un mellor e máis eficiente servizo. O novo vehículo adquiriuse por 25.900€ e substituirá a outra furgoneta, que será retirada nos vindeiros días debido a que supera os 500.000 quilómetros.  

Trátase dun modelo con 6 prazas e con amplo espazo para levar carga, tendo en conta que esta furgoneta usarase para a vixilancia e mantemento da rede viaria provincial e tamén para cooperar cos concellos á hora de arranxar incidencias nas estradas municipais ou en obras de rehabilitación de firmes. 

Esta furgoneta súmase aos 17 vehículos novos adquiridos pola Deputación no último ano e medio. Un total de 18 vehículos que se inclúen na fase de renovación do Parque Móbil provincial, un dos instrumentos máis importantes da Deputación de Lugo para a cooperación cos concellos.