Deputación de Lugo
Infraestruturas

Corte da estrada de Xove a Portiño de Morás entre o luns e o mércores polas obras de mellora

Rede provincial de estradas
estradas
Vías e Obras
Imaxe deputación de lugo
Os traballos que está acometendo a Deputación na LU-P-2601 obrigan a interromper o tráfico entre os quilómetros 2,1 e 2,3. Os desvíos estarán debidamente sinalizados co obxectivo de que afecten o mínimo posible aos usuarios desta vía

A Deputación de Lugo informa de que a estrada LU-P-260, no concello de Xove, estará cortada ao tráfico entre o luns e o mércores da vindeira semana entre os puntos quilométricos 2,1 e 2,3 debido aos traballos de mellora que a institución provincial está acometendo vía, que conecta o centro da capitalidade co Portiño de Morás. A estrada estará cortada en concreto polos traballos para enlazar a vía existente co treito en variante que se está construíndo. 

A institución provincial instalará previamente sinalización informativa e habilitará desvíos, co obxectivo de que o corte afecte o mínimo posible aos usuarios desta vía. 

Estas obras, nas que a Deputación de Lugo inviste 270.000€, afectan a case 3 quilómetros da estrada, dende o punto quilométrico 0,4 ata o 2,85. As actuacións consisten na ampliación do ancho da plataforma, o que permitirá ter dous carrís de 2,75 metros cada un. Ademais, tamén se están drenando e afirmando as zonas ensanchadas, para posteriormente pavimentalas con aglomerado en quente. Estímase que estes traballos queden rematados a finais do verán, sempre e cando as condicións meteorolóxicas sexan favorables.