Deputación de Lugo
Turismo

García Porto resalta que os foros da Deputación achegaron as claves para afrontar o futuro do turismo na provincia de Lugo

Pilar Garcia Porto
ENLUGOSI
turismo
5º Foro Abrindo as portas
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo manifestou que cos axustes necesarios “consolidarémonoscomo destino seguro, capaz de manter ou incluso de incrementar a confianza que xa xeraba no mercado nacional e internacional”

O encontro deste mércores focalizouse na análise do sector da hostalería coa participación de Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo; JoséLuisYzuel, presidente de Hostelería de España; e David Domínguez, director de Horeca Data e ProyectoHostelería Segura

A patronal do sector salientou que malia ser dos máis afectados, traballan dende o primeiro momento para implantar protocolos, formarse e adaptar os locais para que os clientes volvan: “Somos o sector que máis felicidade achega e non podemos fallar”

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou no quinto e último foro online dos encontrosAbrindo as portas: o rexurdir do turismo que puxo en marcha a Deputación no marco da campaña EN LUGO, SI, dirixida a impulsar o tecido económico e os sectores produtivos da provincia. García Porto manifestou que destas xornadas se extraen fundamentos sólidos e as claves para afrontar o futuro do turismo post-Covid-19. “Estou segura de que cos axustes necesarios a provincia de Lugo consolidarase como un destino seguro, capaz de manter ou incluso de incrementar a confianza que xa xeraba no mercado nacional e internacional”, subliñou. 


Este quinto encontro estivo focalizado no sector hostaleiro e nas medidas que debe adoptar para devolver a confianza na cidadanía. Estivo protagonizado por Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL); JoséLuisYzuel, presidente deHostelería de España; e David Domínguez, director de Horeca Data e ProyectoHostelería Segura. 


García Porto puxo de manifesto a capacidade da hostalería española para “deseñar campañas de éxito, para innovar na presentación dos produtos ou xerar novas ideas. Dende a Deputación estamos seguros de que a aposta por estes selos de garantía sanitaria contribuirá de maneira notable á recuperación do sector”. Así mesmo, puxo en valor o traballo da hostalería e o turismo lucense de maneira particular: “fan un esforzo continuo por gañar visibilidade e presentar os seus produtos no conxunto do territorio español e é de xustiza recoñecer o traballo da APEHL e de Hostelería de España”. 


Pola súa banda, a patronal da hostalería nacional, representada polo seu presidente, JoséLuisYzuel, alentou aos profesionais do sector a seguir sumando esforzos para devolver a confianza aos clientes. “Estamos na zona cero da pandemia, un dos sectores máis afectados, pero dende o primeiro momento encaramos o problema con seriedade e puxémonos a traballar para implantar protocolos, formar o cadro de persoal e adaptar os establecementos para que os clientes volvan, somos o sector que máis felicidade achega e non podemos fallar”. 


Yzuel tamén puxo riba da mesa a cara solidaria que amosaron os hostaleiros e hostaleiras de España durante os momentos máis duros da pandemia. “Somos un sector solidario e temos exemplos en todas a cidades de España, onde se cociñaron milleiros de comidas solidarias”. E engadiu que “se crearon grandes alianzas entre nós que deben seguir porque xuntos lograremos dar as solucións que a sociedade necesita para volver aos bares e restaurantes con tranquilidade”. 


Neste sentido discorreu a intervención de David Domínguez, director de Horeca Data e ProyectoHostelería Segura. “Lanzamos hai dous meses un sistema integral de preparación gratuíto para esta nova normalidade para actuar ben e aplicando medidas específicas ante o novo panorama. Na provincia de Lugo sumáronse 116 empresas que recibirán unha acreditación e en total, no conxunto de España, formamos a máis de 8.400 profesionais”.  


Cheché Real aproveitou a súa intervención para transmitir o agradecemento do conxunto do sector lucense ás distintas administracións con competencias pola especial sensibilidade amosada nesta situación derivada da Covid-19. O presidente da APEHL quixo ademais recalcar que as pautas deben ser informadas á clientela e criticou que algúns establecementos se presenten como “libres de Covid-19”, cando “iso é imposible e non se pode garantir, temos que actuar ben, seguindo os protocolos para minimizar ao máximo a posibilidade de contaxio”. 


Visión optimista
Durante catro sesións de debate e unha conferencia inicial, a Deputación creoua través da canle de YouTube dos Servizos Audiovisuais un lugar de intercambio de opinións e de análise para abordar a reactivación turística da provincia de Lugo. “Reunimos a representantes de máis dunha vintena de asociacións de profesionais e de empresas, da sociedade civil, de entidades que traballan polo desenvolvemento do sector e de organismos oficiais con competencias neste ámbito, todos con moito peso no turismoe que amosaron dende o seu prisma particular as necesidades do sector”, explica García Porto. 

A Deputada apuntou que “percibimos un moderado optimismo, varias asociacións manifestaron que as reservas son tímidas para xullo, pero en maior grao para agosto e setembro, un optimismo que vai ligado á seguridade sanitaria, o tema transversal de todas as citas”. Ademais, quedou palpable que “é preciso establecer colaboracións público-privadas, así se fixo ver, para compartir información e traballar xuntos para harmonizar as ofertas”. 

García Porto salientou que cómpre tamén impulsar a profesionalización do sector, que foi outra das conclusións obtidas: “Pecharlle as portas ao intrusismo non é só unha necesidade económica, senón tamén un modo de contribuír a xerar seguridade entre os clientes”.