Deputación de Lugo

O Presidente visita o Museo do Pobo Galego e aproveita para estreitar a relación entre ambas institucións

José Tomé Roca
Pilar García Porto
Museo do Pobo Galego
Encontro Museo do Pobo Galego.IMG01

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, xunto á Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, estiveron este xoves no Museo do Pobo Galego, acompañados polo Director desta entidade, Manuel Vilar e o Tesoureiro, Lino Lena. Ambas institucións, mantiveron un encontro recentemente no Pazo de San Marcos co obxectivo de estudar posibles liñas de colaboración e proxectos conxuntos. Deputación e Museo do Pobo Galego colaboran dende fai anos en diferentes iniciativas, todas elas relacionadas coa dinamización e a posta en valor da cultura galega.