Axenda Institucional
Deputación de Lugo

O Presidente participa na homenaxe da UXT á xefa de Prevención da Deputación, Ana Abel, polo Día da Muller

Día Internacional da Muller
O Presidente participa na homenaxe da UXT á xefa de Prevención da Deputación, Ana Abel, polo Día da Muller

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, participou este venres na homenaxe que o sindicato UXT fixo a Ana Abel Longarela, xefa do Servizo de Prevención na institución provincial, con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora. Empregada da Deputación desde 1987 e afiliada sindical desde 1992, Longarela accedeu a cargos de responsabilidade no servizo de prevención da Deputación no ano 2000 e entre o 2011 e o 2014 foi a presidenta da Xunta de Persoal, sendo a primeira muller en ostentar ese cargo.

Con pasado sindicalista, Tomé recoñeceu que UXT é unha organización que leva “na alma” e puxo en valor o traballo de Ana Abel na institución durante estes anos. Xunto co Presidente, participaron na homenaxe os deputados Pilar García Porto, Pablo Rivera, Roberto García, Xosé María Arias e Ana Abelleira; e tamén outras autoridades, como o secretario xeral de UXT Lugo, Ángel Tomé, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, ou a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez.