Axenda Institucional
Deputación de Lugo

O Presidente recibe ao reitor da UDC e ratifica o bo entendemento entre ambas entidades

universidade
presidente
O Presidente recibe ao reitor da UDC e ratifica o bo entendemento entre ambas entidades

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, mantivo este venres en San Marcos unha reunión co reitor da Universidade da Coruña, JulioAbalde. Na xuntanza, que forma parte da rolda de contactos que mantén o dirixente da institución provincial dende que está ao fronte do organismo, ratificouse o clima de bo entendemento que existe entre ambas entidades. Tomé fíxolle entrega a Abalde de dous libros que reflicten a historia e a cultura da provincia.