Benestar Social e Igualdade

O Pazo de San Marcos acolle unha exposición que visibiliza a discriminación laboral das mulleres

Igualdade
muller
O Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo acolle unha exposición que visibiliza a discriminación laboral das mulleres

A Deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira, asistiu este xoves nos corredores do Pazo de San Marcos á inauguración da exposición Unha ollada ao mercado laboral, que nace do compromiso da Rede de Técnicos de Inserción Laboral de Lugo coa que colabora a Deputación. A exposición naceu co obxectivo de visibilizar a discriminación que sofren as mulleres no ámbito laboral, e estará dispoñible ata o vindeiro 19 de marzo.