Deputación de Lugo
Turismo

O Presidente participa na XXIII Feira do Butelo da Fonsagrada

Feira do Butelo
Concello da Fonsagrada
turismo
O Presidente da Deputación de Lugo participa na XXIII Feira do Butelo da Fonsagrada

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, acompañado de deputados e deputadas provinciais, participou este domingo na praza do Concello da Fonsagrada na XXIII Feira do Butelo, para a que a institución provincial colabora cunha achega económica de 6.000 euros. Nesta cita gastronómica, que se celebrou ao longo de toda a fin de semana e que congregou a miles de persoas, puxéronse á venda 5.000 quilos de produtos cárnicos, xunto con outros alimentos tradicionais.   

José Tomé subliñou que o butelo "representa a nosa historia, e as nosas tradicións culturais e etnográficas. E o traballo desenvolvido polo Concello da Fonsagrada e os organizadores desta feira son testemuña de como recoller esa bagaxe e facela competitiva no mundo contemporáneo". "A gastronomía e o turismo non deixan de cambiar, pero cumpre lembrar que moitas veces non precisamos obsesionarnos con buscar grandes novidades, se non apostar polo que está a facer este Concello: atopar novos xeitos de poñer en valor aquelo que sempre estivo con nós", asegurou o Presidente
 

O Presidente da Deputación de Lugo participa na XXIII Feira do Butelo da Fonsagrada