Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación destina 20.000€ á dinamización do barrio da Milagrosa a través dun convenio de colaboración

economía
Lugo
presidente
A Deputación destina 20.000€ á dinamización do barrio da Milagrosa de Lugo a través dun convenio de colaboración

O Presidente da Deputación, José Tomé, mantivo un encontro este xoves no Pazo de San Marcos co Presidente da Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa, Jesús Vázquez, no que asinaron un convenio de colaboración entre a institución provincial e este colectivo por valor de 20.000€. Con esta achega económica dinamizarase e potenciarase o barrio senlleiro da Milagrosa a través de diferentes actividades ou eventos como exposicións, campañas de comercio ou concursos, entre outros.