Axenda Institucional
Deputación de Lugo

Lugo condena o triplo crime machista de Valga

Pablo Rivera Capón
crime machista
Concentración crime machista
Membros da Deputación, da Subdelegación do Goberno e do Concello da capital concentráronse este luns en repulsa polo asasinato de tres mulleres esta mañá

A Deputación de Lugo expresou esta tarde a súa enérxica repulsa ao triplo crime machista acontecido esta mañá na localidade pontevedresa de Valga. O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, gardou un minuto de silencio xunto á Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que estaba acompañada doutros membros da Corporación municipal. 

A concentración, á que tamén se sumaron ducias de veciños, tivo lugar na Praza Maior de Lugo.