Deputación de Lugo
Medio ambiente

A Deputación adentra aos máis pequenos na historia dos muíños cunha actividade gratuíta este sábado

actividades gratuítas
Mazo de Santa Comba
Medio Ambiente
Imaxe deputación de lugo
Un monitor caracterizado de muiñeiro e cheo de fariña introducirá aos nenos e nenas participantes na xornada, na que coñecerán os usos e a importancia social do muíño, e poderán moer trigo con morteiros para facer bolos preñados

Quedan 12 prazas libres para participar nesta iniciativa, que terá lugar no Mazo de Santa Comba. Os interesados poden anotarse na web www.deputacionlugo.gal ou enviando un correo a und.medioambiente@deputacion.org

O Mazo de Santa Comba acollerá este sábado, 7 de setembro, unha actividade medioambiental gratuíta organizada pola Deputación de Lugo que adentrará aos máis pequenos na historia dos muíños. Está dirixida a nenos e nenas de 7 a 12 anos e terá lugar entre as 10.00 e as 14.00 horas. A proposta, que leva por título Unha Viaxe pola historia dos muíños, forma parte da programación do terceiro trimestre do Centro de Interpretación Terras do Miño. 

Un monitor caracterizado de muiñeiro e cheo de fariña introducirá aos nenos e nenas participantes na actividade, que busca facilitar unha alternativa de lecer infantil poñendo en valor a historia dos muíños de Galicia e concretamente os de Lugo. Os asistentes farán un percorrido dende os antigos muíños artesanais de moer pan ata os muíños hidráulicos de vento, e coñecerán os seus usos e a súa importancia social. Ademais, poderase moer á man trigo con morteiros e facer con fariña uns bolos preñados que poderán levar para a casa. 

Quedan 12 prazas libres para participar nesta xornada. As persoas interesadas poden anotarse na páxina web www.deputacionlugo.gal ou en http://cursos.deputacionlugo.org/terrasmino_rato/; e a través do correo electrónico und.medioambiente@deputacion.org Para obter máis información poden chamar ao teléfono 982.227.813. As inscricións faranse por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir as prazas ofertadas.