Benestar Social e Igualdade
Cooperación concellos
Deputación de Lugo

O Presidente continúa a pulsar as necesidades da provincia con reunións con representantes municipais e de colectivos

José Tomé Roca
Ribas de Sil
Sarria
Triacastela
Burela
Reunión Presidente - Alcalde Ribas de Sil


O Presidente da Deputación, José Tomé, continúa a pulsar as necesidades da provincia con reunións con representantes municipais e de entidades e colectivos lucenses, tal e como vén facendo dende a conformación do Goberno cunha intensa axenda de entrevistas. Este xoves mantivo encontros cos alcaldes de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela; de Sarria, Claudio Garrido; e de Triacastela, Olga Iglesias, ademais de co rexedor en funcións de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, co que firmou o convenio regulador da subvención de 10.000€ que a Deputación lle concede a esta entidade; co presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores, Basilio Otero; e co presidente da Fundación de Dano Cerebral (FUDACE), da Cruz Vermella de Lugo, da Asociación Provincial de Reparación e Venda de Automóbiles e Recambios (APREVAR) e do Real Aeroclub de Lugo, Luis Abelleira.