Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Máis de 140 persoas fórmanse, no Pazo de San Marcos, no adestramento de porteiros

deporte
Fútbol
Xornadas
Xornada de adestramento de porteiros
Fixérono a través dunha xornada organizada pola RFGF, na que os poñentes foron Roberto Fernández, ex futbolista do Granada e CD Lugo e que agora prepara aos porteiros do club albivermello, e Manu Sotelo, ex porteiro do RC Celta e RC Deportivo

Rivera Capón explicou que: “a tecnificación e a especialización son vitais para que os clubs avancen, nuns campionatos nos que cada vez hai máis calidade e competitividade, polo que é un pracer acoller xornadas como esta e apoiar aos adestradores da provincia”

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, o Presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán Abal, e o Vicepresidente da Federación, Carlos Méndez Moreira, participaron este luns na xornada do Comité Galego de Adestradores, que tivo lugar no salón de actos do Pazo de San Marcos.

Esta xornada, de carácter formativo, é a máis importante das celebradas durante o 2019, pois contou con dous poñentes de referencia no adestramento de porteiros en Galicia, Roberto Fernández, que foi porteiro do Granada ou do CD Lugo, entre outros clubs, e que agora prepara aos porteiros da entidade albivermella; e Manu Sotelo, ex adestrador de porteiros do RC Celta, RC Deportivo ou do Nottinghan Forest.

Rivera Capón explicou que: “a tecnificación e a especialización son vitais para que os clubs de fútbol avancen, nuns campionatos nos que cada vez hai máis calidade e competitividade, polo que para nós é un pracer acoller xornadas como esta e apoiar aos adestradores da nosa provincia”.

A xornada foi gratuíta para os adestradores colexiados e asistiron máis de 140 persoas. Durante o acto anunciouse o inicio dun curso, por primeira vez en Lugo, para a formación específica en adestramento de porteiros.

A ponencia de Roberto Fernández levou por título: Metodoloxía de adestramento de porteiros no CD Lugo, mentres Manu Sotelo expuxo a súa visión sobre: O rol do porteiro: Do rendemento individual ó colectivo.

Xornada de adestramento de porteiros