Menu toggle
Medio Rural e do Mar
Ovellas pacendo. Área de Medio Rural, Mar e Mocidade

O obxectivo da área de Medio Rural da Deputación é o fomento do desenvolvemento económico e social e a planificación do territorio provincial, a través da promoción dos sectores agrícola, gandeiro, forestal e pesqueiro, como sectores estratéxicos da economía da provincia, pois son xeradores de oportunidades de emprego que redundan na fixación de poboación nas zonas rurais

A transformación, comercialización, promoción e posta en valor dos produtos do sector primario, con calidade diferenciada debe ser un dos obxectivos estratéxicos da área.

O fin último é o de propiciar as condicións óptimas para que se produza unha fixación real de poboación no noso rural. Por tanto, fomentarase a implantación de políticas reais de desenvolvemento rural nas que sexa a veciñanza quen nos traslade as súas demandas e necesidades, de xeito que se poidan garantir un xeito de vida digno e sostible no tempo desde un punto de vista social, económico e medio ambiental. Fomentarase a creación das condicións necesarias no noso rural para que ese asentamento ou incorporación de xente nova á actividade agrogandeira.

Liñas estratéxicas da área de Medio Rural, Mar e Mocidade: