Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Efrén Castro entrega as certificacións de Técnico Deportivo en Baloncesto a catorce adestradoras e adestradores

ÁREA DE DEPORTES
EFRÉN CASTRO
baloncesto
técnico deportivo

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro e a responsable de Drocer Ana  Ónega entregaron as certificacións de Técnico Deportivo en Baloncesto ás catorce adestradoras e adestradores que completaron esta formación nese centro de ensinanzas deportivas. O título -que se asimila a unha formación profesional de grao medio – habilita para adestrar en primeiras divisiións de categoría autonómica e en primeira división estatal-.

Efrén Castro parabenizou ás adestradoras e adestradores que recibiron a certificación e valorou o “esforzo que require contar cunha formación actualizada para atender as esixencias do deporte de base e amateur, cada vez máis profesionalizado”.

Ademais desta formación,  que ten un primeiro ciclo inicial que tamén completaron 35 alumnas e alumnos, Drocer realiza formación complementarias – I Simposium Basketology,Lugo Basket Pro, Ribadeo Basket Pro e campus de adestradores e xogadores -, nos que participaron 100 técnicos e  300 xogadoras e xogadores e que contan coa colaboración da área de Deportes da Vicepresiencia da Deputación de Lugo para o desenvolvemento de diferentes accións formativas ao longo do ano.