Deportes e mocidade
Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación apoia de novo a Xosé Alonso Liste para participar no Campionato de Europa de Escalada de Montaña

Xosé Alonso Liste
CAMPIONATO DE EUROPA DE ESCALADA DE MONTAÑA

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, acompañou este martes a Xosé Alonso Liste na presentación do vehículo co que o piloto disputará o Campionato de Europa de Escalada de Montaña, entre os vindeiros 10 e 12 de maio en Arriondas, Asturias. No acto, celebrado no Centro Integrado de Formación Profesional As Mercedes, Pablo Rivera destacou que a Deputación apoia de novo ao piloto lucense cun patrocinio de 3.000€ para participar na proba deportiva. “É un orgullo que Alonso Liste represente a Lugo nunha competición deste nivel no mundo do motor como é a Subida Internacional ó Fito, con milleiros de seguidores e de medios de todo o mundo cubrindo o evento deportivo”, subliñou o Deputado.