Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación participa nunha nova edición da Festa do Viño de Negueira de Muñiz

Negueira de Muñiz
Feira do Viño

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, asistiu este sábado á 14º edición da Festa do Viño de Negueira de Muñiz, unha cita que congrega a centos de persoas neste municipio da Montaña. Durante a xornada poderán degustarse máis de 200 litros destes viños elaborados con uva Mencía, Branca Lexítima, Verdello ou Serodo distinguidos coa IXP Terras do Navia. Ademais, haberá actividades lúdicas para todos os públicos, música tradicional a cargo do grupo Nubeiro, actuacións do Dúo Samba e a orquestra Compostela e o pregón a cargo de Fran, quen fora capitán do Deportivo da Coruña.

viño Negueira