Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo asiste ao debate de investidura no Parlamento de Galicia

Parlamento de Galicia
debate
investidura

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu xunto ao Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, este xoves no Parlamento de Galicia ao último pleno do debate de investidura do Presidente da Xunta. O mandatario provincial manifestou que agarda que o novo Executivo galego lle dea nesta nova lexislatura á provincia de Lugo a importancia que necesita e merece na acción política e de investimentos, en materia de benestar social, infraestruturas e de impulso económico.