Extracto%20rallies%202024.pdfDe acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase:

a) De forma presencial, mediante a presentación da solicitude e da documentación anexa nos respectivos modelos normalizados na oficina de asistencia ao cidadán en materia de Rexistro da Deputación Provincial de Lugo ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

b) De forma telemática, a través do rexistro xeral da sede electrónica da Deputación de Lugo https://sede.deputacionlugo.org

 

A forma de presentar na sede electrónica é a seguinte:

 

  • Sede electrónica

  • Tramites xerais

  • Presentación de escritos

  • Alta de solicitude

IMPORTANTE: toda a documentación deberá presentarse a través da sede electrónica e en formato PDF.

Asi mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.

Para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:

  • Acceder e identificarse na sede electrónica da Deputación

  • Entrar en "O meu cartafol"

  • Os meus expedientes

  • Incorporar documentación

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP de Lugo do extracto da convocatoria (BOP Núm. 086 do sábado, 13 de abril de 2024), polo tanto o prazo remata o 26 de abril de 2024 (incluído).

Bases

Documentación que debe presentar:

  • Anexo I (pdf editable, prema, descargue e garde)

  • Anexo II (pdf editable, prema, descargue e garde)

  • Copia do NIF do interesado/a (no caso de ser menor de idade na data de solicitude deberán achegar tamén a copia do NIF do pai/nai/titor/a e asinar esta persoa todos os anexos)

  • Certificado de empadroamento do/da solicitante no concello da provincia de Lugo correspondente.

  • Documento bancario. Documento emitido pola entidade bancaria, no que se indique o número de conta na que se procederá, no seu caso, ao abono do correspondente premio e no que necesariamente figurará o/a deportista solicitante como titular. O aboamento do premio será efectuado mediante transferencia bancaria á conta sinalada polo/a solicitante.

  • Certificación oficial da respectiva federación que acredite:

    - A posesión da correspondente licenza federativa oficial do/da piloto durante a anualidade 2023 e na anualidade de solicitude do premio (ano 2024).

    - De acordo co establecido na presente convocatoria, acreditación na certificación federativa da participación no período desde o 1 de xaneiro de 2023 até o 31 de decembro do 2023, e de acordo ao previsto na base TERCEIRA da presente convocatoria:

1.- Da participación, como mínimo, en unha (1) das seguintes probas oficiais federadas:

  • Rally San Froilán

  • Rally da Mariña Lucense

  • Subida a Chantada

  • Subida á Pontenova

2.- Ou ben, de non cumprir o requisito anterior, acreditar a participación, como mínimo, en dúas (2) probas de carácter oficial e federado, no período desde o 1 de xaneiro de 2023 até o 31 de decembro do 2023, de acordo ás probas e competicións dos calendarios oficiais da Federación galega de automobilismo ou da Federación española de automobilismo.

3.- Resultados deportivos e datos deportivos detallados de:

- Resultados individuais e no seu caso participación, en probas federadas, indicando en cada caso, o rally, a data de celebración, o campionato ao que pertence a respectiva proba, a clasificación individual xeral, por cada grupo, copa e agrupación, e calquera outro relativo aos méritos deportivos a valorar de acordo ao previsto na base TERCEIRA e aos criterios de valoración reflectidos na base NOVENA desta convocatoria (ano 2023).

- Outros elementos de valoración establecidos nesta convocatoria, etc, relativos ao/á deportista individual piloto solicitante (ano 2023).

Para todos aqueles elementos de puntuación e relativos aos criterios de valoración que non se reflictan expresamente na certificación federativa e non permitan a acreditación das condicións establecidas nos respectivos criterios de valoración e no correspondente cadro de valoración, procederá a asignación de oficio de 0 puntos.

O período de valoración de resultados será o comprendido desde o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de decembro de 2023, de acordo cos criterios, probas e elementos de valoración establecidos expresamente na base NOVENA desta convocatoria. O mencionado certificado debera estar asinado pola respectiva federación como acreditación de que os méritos deportivos alegados son certos. Non se considerará valido ningún certificado cuberto á man ou con indicacións e/ou modificacións realizadas á man.

  • Acreditación documental da pertenza a unha escudaría da provincia de Lugo, mediante declaración responsable da respectiva escudaría.

Extracto da convocatoria

 

NOTA: Ha de terse en conta que a cada premio concedido seralle de aplicación a respectiva retención de IRPF.

 

Información:

982 260 049 rcm@deputacionlugo.org 

982 260 271 xosemanuel.culturaedeporte@deputacionlugo.org