Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo mantén activo un operativo para despexar de neve as estradas provinciais da Montaña

neve
Rede provincial de estradas
Os concellos máis afectados nesta mañá foron os de Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, Becerreá, Triacastela e a parte alta de Quiroga. Acadáronse espesores medios de 8-15 centímetros, chegando nalgún punto do municipio cervantino aos 20 centímetros

A Deputación de Lugo traballa desde primeira hora deste sábado, 2 de marzo,  para despexar de neve as estradas provinciais dos concellos da Montaña afectados polas nevaradas das últimas horas.  Nestes momentos pódese circular pola totalidade dos viais, aínda que neva de maneira intermitente nesta tarde, polo que o operativo está activo para actuar ante calquera incidencia que se detecte e que impida a circulación. 

Os concellos máis afectados nesta mañá foron os de Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, Becerreá, Triacastela e a parte alta de Quiroga. Acadáronse espesores medios de 8-15 centímetros, chegando nalgún punto do municipio cervantino aos 20 centímetros. 

O operativo volverá saír mañá a primeira hora ante a previsión de nevaradas para facilitar e garantir a mobilidade e seguridade da rede viaria provincial. A institución mantén despregados 48 operarios e 32 máquinas e vehículos para paliar os efectos das inclemencias meteorolóxicas na rede viaria provincial. Así mesmo, os 12 silos de sal da Deputación dispoñen de 35 toneladas cada un para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios e usuarias das vías.