Deputación de Lugo

O Presidente reivindica o comercio de proximidade como “un motor importante da economía da provincia”

José Tomé Roca
federacion galega de comercio
Presentación campaña Nadal
José Tomé participou na presentación da nova campaña de Nadal da Federación Galega de Comercio, que repartirá 10.000€ entre os clientes mediante tarxetas prepago de 200 e 300 euros

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, participou este martes en San Marcos na presentación da nova campaña de Nadal da Federación Galega de Comercio, un acto no que reivindicou o comercio de proximidade como un “un motor importante da economía da provincia”, en tanto que xera máis de 20.000 empregos e representa en torno ao 13% do Produto Interior Bruto (PIB). 

Neste Nadal o comercio local, tamén dixitalé unha campaña que conta co apoio da Deputación, dirixida aos consumidores para fomentar o pequeno comercio a través da venta online. José María Seijas, presidente da agrupación de comerciantes, explicou que se sortearán 10.000 euros en premios distribuídos en 20 tarxetas prepago regalo de 300 euros e outras 20 de 200 euros, quedeberán utilizarse para volver a mercar nos establecementos lucenses de proximidade.

“Dende a Deputación de Lugo apoiamos todas as campañas a favor do pequeno comercio porque é garantía de calidade, polo seu trato próximo e porque o sector é un importante motor da nosa economía”, apuntou Tomé. Na presentación da campaña, que concluíu coa visita a comercios de Lugo adheridos á campaña, participaron tamén Mauricio Repetto, Concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Lugo, e Javier Soto, Director Territorial de ABANCA en Lugo.