Deputación de Lugo

Máis de 200 persoas participan na Festa da Troita con Xamón na área recreativa do Veral

Pablo Rivera Capón
Festa da Troita
Celebración- Festa-Troita.IMG01
A Deputación colabora coa organización da terceira edición desta xornada que pretende fomentar a convivencia nas parroquias do val e poñer en valor os produtos gastronómicos lucenses

A voceira socialista do Goberno e Deputada de Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, asistiron este domingo á terceira edición da Festa da Troita con Xamón do Val do Mera, que reuniu a máis de 200 persoas na área recreativa do Veral. A cita, que organiza a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo e conta coa colaboración da institución provincial, ten como obxectivo fomentar a convivencia nas parroquias e poñer en valor os produtos gastronómicos lucenses.

Antes da comida, A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, descubriu unha placa coa que se dedica a área recreativa, acondicionada polo Concello e a Deputación, ao cirurxián Félix Arija Val, xa falecido. “Era unha persoa que estaba moi vinculada a esta parroquia”, explicou Jesús Vázquez, presidente do agrupación veciñal.

O menú, gratuíto para os veciños e veciñas, consistiu en troita con xamón do val do Mera, empanada e pan de Antas de Ulla. No acto, os veciños aproveitaron tamén para entregar sete distincións a persoas destacadas da comunidade e da comisión de festas, en recoñecemento da súa labor en favor deste evento.