Deputación de Lugo

Campos Conde presenta un Plan Único con 21 millóns para os veciños dos 67 Concellos da provincia

plan único
darío campos
Imaxe deputación de lugo
- O Presidente leva a súa proposta ao Pleno co obxectivo de poder ofrecer aos máis de 330.000 lucenses novas melloras nas súas instalacións e prestacións públicas municipais, servizos sociais, emprego ou iniciativas turísticas, deportivas e culturais
- Un mínimo de 10,5 millóns son para obras (mellora de accesos, estradas, rúas, instalacións deportivas ou culturais, traídas de auga, alumeados públicos...) e de 1,5 millóns para o Servizo a Domicilio a non dependentes, pois a Xunta non o financia

O Presidente, Darío Campos Conde, presenta ao vindeiro Pleno Provincial (convocado e informado a todas as formacións políticas, que xa contan coa documentación correspondente) o Plan Único 2019. Está dotado de 21 millóns da Deputación e o seu obxectivo é mellorar ou incrementar os servizos e prestacións públicas aos máis de 330.000 veciños dos 67 Concellos da provincia. Pois estes fondos son para novas obras en instalacións municipais, servizos sociais, emprego, iniciativas turísticas, deportivas e culturais, administración electrónica e protección civil. Todo isto para dinamizar social e economicamente o conxunto do territorio lugués, atendendo ás necesidades veciñais.   

Na proposta presentada por Campos Conde, distribúense os 21 millóns nos 67 municipios en base aos seguintes criterios obxectivos: poboación, superficie, núcleos poboacionais e taxa de envellecemento. Isto supón máximos de 500.000 euros en Lugo, Viveiro, Monforte de Lemos, Vilalba e Sarria, e mínimos duns 200.000 en Negueira de Muñiz, Rábade ou Triacastela. 

Os Concellos deberán destinar como mínimo o 50% dos fondos que lles corresponden a investimentos. Isto implica que cando menos 10,5 millóns de euros sexan para novas melloras nas instalacións públicas municipiais (acondicionamento de accesos, estradas, rúas, instalacións deportivas ou culturais, traídas de auga, alumeados públicos...). 

Tendo en conta a taxa de envellecemento e a necesidade de ofrecer servizos sociais aos maiores da provincia, os municipios terán que destinar un mínimo de 1,5 millóns de euros ao Servizo de Axuda no Fogar a persoas non dependentes; prestación para a que a Xunta de Galicia non achega nin un só euro. 

Os restantes 9 millóns de euros poderán destinarse a máis obras, máis servizos sociais ou ao financiamento de actividades turísticas, deportivas, culturais, grupos de protección civil ou á administración electrónica.  

Anticipo do 50% e distribución de fondos por Concello
Campos Conde incorpora na súa proposta un anticipo do 50% dos fondos aos Concellos para inxectar canto antes no conxunto da provincia a metade do orzamento do Plan Único 2019, que ascende aos 10,5 millóns. O Pleno debaterá a proposta do Presidente o martes 26 de febreiro. De aprobarse, de seguido os municipios poderán solicitar este anticipo e presentar os proxectos. 

Abadín

329.275,80 €

Alfoz

268.158,30 €

Antas de Ulla

269.541,13 €

Baleira

271.011,24 €

Baralla

286.813,47 €

Barreiros

269.857,07 €

Becerreá

296.700,03 €

Begonte

290.246,58 €

Bóveda

241.688,79 €

Burela

361.693,72 €

Carballedo

310.584,95 €

Castro de rei

380.025,14 €

Castroverde

297.036,59 €

Cervantes

311.428,22 €

Cervo

286.904,29 €

Corgo (O)

329.756,66 €

Cospeito

354.704,69 €

Chantada

455.099,86 €

Folgoso do Courel

270.922,97 €

Fonsagrada (A)

428.690,86 €

Foz

410.084,18 €

Friol

398.304,97 €

Guitiriz

429.524,47 €

Guntín

307.748,47 €

Incio (O)

282.528,84 €

Láncara

290.187,63 €

Lourenzá

248.714,26 €

Lugo

500.000,00 €

Meira

218.660,34 €

Mondoñedo

301.862,80 €

Monforte de lemos

500.000,00 €

Monterroso

297.730,19 €

Muras

283.387,68 €

Navia de Suarna

303.373,75 €

Negueira de Muñiz

190.296,71 €

Nogais (As)

236.851,35 €

Ourol

300.918,94 €

Outeiro de rei

344.203,47 €

Palas de rei

367.306,51 €

Pantón

324.680,78 €

Paradela

279.178,60 €

Páramo (O)

241.845,62 €

Pastoriza (a)

317.851,11 €

Pedrafita do Cebreiro

250.740,41 €

Pobra do Brollón (a)

281.702,27 €

Pol

261.969,64 €

Pontenova (a)

268.743,11 €

Portomarín

259.302,45 €

Quiroga

342.231,92 €

Rábade

193.177,35 €

Ribadeo

430.058,60 €

Ribas de Sil

227.565,93 €

Ribeira de Piquín

228.797,34 €

Riotorto

234.354,98 €

Samos

271.415,00 €

Sarria

500.000,00 €

Saviñao (o)

372.095,67 €

Sober

317.491,65 €

Taboada

319.880,36 €

Trabada

248.838,69 €

Triacastela

199.139,26 €

Valadouro (O)

282.708,15 €

Vicedo (O)

251.292,22 €

Vilalba

500.000,00 €

Viveiro

500.000,00 €

Xermade

301.341,24 €

Xove

271.772,67 €

Totales

20.999.999,94 €