De acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase:

 

De forma presencial, mediante a presentación da solicitude e da documentación anexa nos respectivos modelos aprobados na oficina de asistencia ao cidadán en materia de Rexistro da Deputación Provincial de Lugo ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de do 1 de outubro,do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

De forma telemática, a través do rexistro xeral da sede electrónica da Deputación de Lugo https://sede.deputacionlugo.org

 

A forma de presentar na sede electrónica é a seguinte:

 

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede

 

  • Sede electrónica
  • Subvencións
  • Concorrencia competitiva
  • Alta de solicitude
  • Entre en información subvencións e acceda a Deportes. Descargue, asine e incorporte a documentación que proceda

IMPORTANTE: toda a documentación deberá presentarse a través da sede electrónica e en formato PDF.

Asi mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.

Para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:

  • Acceder e identificarse na sede electrónica da Deputación

  • Entrar en "O meu cartafol"

  • Os meus expedientes

  • Incorporar documentación

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP de Lugo do extracto da convocatoria (BOP Núm. 168 do sábado, 24 de xullo 2021), polo tanto o prazo remata o 06 de agosto de 2021.

Bases

Documentación que debe presentar:

  • Anexo I (pdf editable, prema, descargue e garde)
  • Anexo II (pdf editable, prema, descargue e garde)
  • Copia do NIF do interesado/a (no caso de ser menor de idade na data de solicitude deberán achegar tamén a copia do NIF do pai/nai/titor/a e asinar esta persoa todos os anexos).

  • Certificado orixinal de empadroamento do/da solicitante no concello da provincia de Lugo correspondente.

  • Documento bancario acreditativo de conta bancaria, no que necesariamente figurará o/a deportista solicitante como titular e con data de expedición actualizada.

  • Certificación oficial da respectiva federación que acredite:

            A posesión da correspondente licenza federativa oficial do piloto/a durante a anualidade 2020 e no momento da solicitude do premio (ano 2021).

            De acordo co establecido na presente convocatoria, acreditación na certificación federativa de que durante a tempada 2020, e de acordo ao previsto no punto TERCEIRO da presente convocatoria:

1.- Da participación, como mínimo, en unha (1) das seguintes probas oficiais federadas:

-Rally San Froilán

-Rally da Mariña Lucense

- Subida Á Pontenova

2.- Ou ben, de non cumprir o requisito anterior, a participación, como mínimo, en unha (1) proba de carácter oficial e federado, dentro das incluídas nos calendarios oficiais da Federación galega de automobilismo ou da Federación española de automobilismo.

3.- Resultados deportivos e datos deportivos detallados de:

Resultados individuais e no seu caso participación, en probas federadas, indicando en cada caso, o rally, o campionato ao que pertence a respectiva proba, a clasificación individual, a clasificación por cada grupo, e calquera outro relativo aos méritos deportivos a valorar de acordo cos criterios de valoración reflectidos no punto NOVENO desta convocatoria (ano 2020).

Outros elementos de valoración establecidos nesta convocatoria, etc, relativos ao/á deportista individual piloto/a; copiloto/a; solicitante (ano 2020).

  • Outra documentación: Acreditación documental da pertenza a unha escudaría da provincia de Lugo, mediante declaración responsable da respectiva escudaría.

Extracto convocatoria

 

NOTA: Ha de terse en conta que a cada premio concedido seralle de aplicación a respectiva retención de IRPF.

Información: 982 260 040 gloria.mendez@deputacionlugo.org

Axenda Deportes e Mocidade