PUBLICACIÓN NO BOP DE DATA 16 DE DECEMBRO DE 2021​​​​​​

________________________________________________________________________________________________________________

PUBLICACIÓN NO BOP DE DATA 11 DE NOVEMBRO DE 2021

________________________________________________________________________________________________________________

De acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase:

 

De forma presencial, mediante a presentación da solicitude e da documentación anexa nos respectivos modelos aprobados na oficina de asistencia ao cidadán en materia de Rexistro da Deputación Provincial de Lugo ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de do 1 de outubro,do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

De forma telemática, a través do rexistro xeral da sede electrónica da Deputación de Lugo https://sede.deputacionlugo.org

 

A forma de presentar na sede electrónica é a seguinte:

 

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede

 

  • Sede electrónica
  • Tramites xerais
  • Presentación de escritos
  • Alta de solicitude

IMPORTANTE: toda a documentación deberá presentarse a través da sede electrónica e en formato PDF.

Asi mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.

Para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:

  • Acceder e identificarse na sede electrónica da Deputación

  • Entrar en "O meu cartafol"

  • Os meus expedientes

  • Incorporar documentación

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP de Lugo do extracto da convocatoria (BOP Núm. 148 do xoves, 01 de xullo 2021), polo tanto o prazo remata o 15 de xullo de 2021.

Bases

Documentación que debe presentar:

  • Anexo I (pdf editable, prema, descargue e garde)
  • Anexo II (pdf editable, prema, descargue e garde)
  • Anexo III (pdf editable, prema, descargue e garde)
  • Copia do DNI do interesado/a (no caso de ser menor de idade na data de solicitude deberán achegar tamén a copia do DNI do pai/nai/titor/a e asinar esta persoa todos os anexos)
  • Certificado de empadroamento do/da solicitante no concello da provincia de Lugo no momento de presentación da solicitude.
  • Documento bancario acreditativo de conta bancaria, no que necesariamente figurará o deportista solicitante como titular e con data de expedición actualizada

Extracto convocatoria

 

NOTA: Ha de terse en conta que a cada premio concedido seralle de aplicación a respectiva retención de IRPF.

 

Información: 982 260 262  begona.ferreiro@deputacionlugo.org

Axenda Deportes e Mocidade