Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Efrén Castro felicita á SD Sarriana pola temporada e trasládalles o apoio ante o reto do ascenso a Segunda RFEF

EFRÉN CASTRO
SD Sarriana

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro visitou ao primeiro equipo da SD Sarriana, que vén de clasificarse para xogar o play off de ascenso a Segunda RFEF.

O vicepresidente, tamén deputado de Deportes, achegouse ata o campo municipal, para felicitar  a xogadores, equipo técnico e directiva pola traxectoria durante a temporada e trasmitirlles apoio para os próximos encontros, nos que optan a lograr un ascenso que sería histórico para Sarria.

A área de Deportes apoia a actividade da SD Sarriana cunha achega de 20.000 euros, destinada a financiar a actividade competitiva de todos os equipos do club -desde as categorías de formación ata o primeiro equipo - e colabora na organización do Torneo Memorial Pedro Canoa.

sarriana