Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo súmase á visibilización da fibromialxia e a fatiga crónica

O Deputado de Formación, Ensino, Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, visitou este venres a mesa informativa e de cuestación que instalou na entrada do Pazo de San Marcos a Asociación de Fibromialxia de Lugo (ALUFI).  A institución provincial súmase a este iniciativa de visibilización desta doenza coincidindo co Día Mundial da Fibromialxia e Fatiga Crónica, que se conmemora este domingo.
Esta é unha doenza que afecta de xeito maioritario ás mulleres, xa que constitúen o 95% das persoas que a padecen. A Deputación colabora con esta entidade cunha achega de 3.000€ que se destina á organización de actividades que ALUFI realiza ao longo de todo o ano: obradoiros de memoria e relaxación, manualidades, terapia bascular, ximnasia de recuperación ou xornadas e charlas informativas dirixidas a persoas afectadas por esta enfermidade.