Cultura
Deputación de Lugo

A Rede Museística abre a inscrición ás XXII Xornadas Pedagóxicas, que se celebran en tres dos museos provinciais

IRIA CASTRO
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL
Xornadas Pedagóxicas
Baixo o título de “Museos Situados: xestión, educación e territorio”, o programa levarase a cabo durante catro días, o 29 e 30 de maio e o 5 e 6 de xuño

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) da Vicepresidencia da Deputación abre o prazo de inscrición das XXII Xornadas Pedagóxicas que se celebran durante o 29 e 30 de maio e o 5 e 6 de xuño nos Museo Provincial de Lugo, o Pazo de Tor e o Museo-Fortaleza San Paio de Narla. A formación, que leva como título “Museos Situados: xestión, educación e territorio”, dalle importancia ás actividades levadas a cabo nos centros escolares e museos, promovendo o traballo conxunto como ferramenta para a transformación social.

Nas actividades os puntais clave serán a escola e os museos, traballando xuntos como ferramentas de transformación social (ser e facerse, construíndonos unhas con outras). Resulta básica a asimilación de coñecementos para o desenvolvemento dun pensamento crítico e propio das crianzas. Estas xornadas promoven dende a Rede Museística Provincial unha educación pausada, reflexiva, facendo camiño a ritmo, inclusiva, igualitaria e sostible.

A deputada de Cultura Iria Castro destacou a importancia “deste programa pensado e traballado para profesionais de museos e investigadoras, así como para a comunidade educativa. Dende a Rede Museística queremos seguir impulsando estas actividades que dan a coñecer os recursos que ofrecen os museos para incorporalos á ensinanza. Igualmente, destacar a continuidade destas xornadas na aposta por seguir reforzando os vínculos entre os museos provinciais e a comunidade educativa”.

As persoas interesadas xa poden presentar a documentación a través da páxina web da Rede Museística. Dende a institución provincial resérvanse 20 prazas para mestres en activo que deben realizar a matricula  a través do CFR; tamén se reservan 5 prazas para mestres en paro e outras 5 para profesionais vencellados á educación de museos, os cales recibirán un certificado de asistencia da RMPL, que deberán inscribirse no formulario que se atopa na web: https://comunidadermpl.gal/

xornadas pedagóxicas


Programa completo
Mércores, 29 de maio (San Paio de Narla)
16:00 Saída de Lugo e viaxe ao Museo de San Paio de Narla.
16:45 Presentación das xornadas e entrega de material.
17:00 Mesa compartida “Simbiose escola e territorio”, a través dos proxectos de:
CEIP Terra Chá (Román, Vilalba) e o seu “Espazo agropecuario Terra Cha” para os pequechás. J. Manuel López Barrio, director do centro.
IES Basanta Silva (Vilalba) e a biblioteca do centro, Biblioteca Agustín Fernández Paz, como centro de dinamización e integración social, territorial e cultural. Sabela Figueira Tenreiro e Almudena Falcón Folgueira.
18:00 Descanso.
18:15 “Faino teu: novas experiencias desde o museo das Mariñas de Betanzos”, Ángel Arcay Barral, director da Biblioteca, Arquivo e Museo das Mariñas do Concello de Betanzos.
18:45 Visita mediada ao Museo Fortaleza de San Paio de Narla.
19:15 “O museo nunha caixa: investigar, xogar e descubrir o territorio cos museos da RMPL”, Silvia Fiallega Lorenzo, da RMPL.
19:45 Debate e clausura.

Xoves, 30 de maio (Museo Provincial de Lugo)
16:00 “Proxecto Neo: a radio educativa ao servizo da cohesión social”. IES Perdouro (Burela),  Bernardo Penabade e Vanessa Vilaverde.
16:30 Actividade “Museo, xénero e inclusión”, Verónica Fernández e Ángeles Miguélez, da RMPL.
17:30 Descanso e traslado á Sala de Exposicións da Deputación Provincial de Lugo.
17:45 Mesa compartida “Acción comunitaria: identidade e memoria”.
Museo Os Oleiros (Concello de Oleiros), Ana Justo Rajó.
Instituto de Estudos Ulloáns, proxecto “Corcosendo”, Patricia Coucheiro e Susana Varela Negro, comisarias.
18:45 Visita mediada á exposición do proxecto “Corcosendo. A memoria das costureiras da Ulloa”.
19:30 Debate e clausura.

Mércores, 5 de xuño (Pazo de Tor)
16:00 Saída de Lugo e viaxe ao Pazo de Tor.
16:45 Mesa compartida “Museos e territorio: do local ao global, do rural ao urbano”:
Susana Hevia González, directora do Museo Etnográfico de Grandas de Salime.
Fernando Sáez Lara, director do Museo Nacional de Antropoloxía.
17:45 Descanso.
18:00 “Investigación educativa: proxecto proba de concepto”, Cosme J. Gómez Carrasco, Catedrático de Didáctica das Ciencias Sociais da Universidade de Murcia.
18:30 “Investigación educativa na RMPL (2024): 25 anos dando tempo ao tempo”, Encarna Lago González, Xerente da RMPL.
19:00 Visita mediada ao Pazo de Tor: “Soterradas: Historia do futuro”.
19:40 Debate e clausura.

Xoves, 6 de xuño (Pazo de Tor)
16:00 Saída de Lugo e viaxe ao Pazo de Tor.
16:45 Mesa compartida “Museos: Educación, acción comunitaria e programas públicos”:
“DIM 2024: Museos para la educación y la investigación”, Mª Auxiliadora Llamas Márquez, Presidenta de ICOM España.
“PradoEducación: cómo transformar el relato desde la acción educativa”, Ana Moreno Rebordinos, Coordinadora Xeral de Educación do Museo del Prado.
“Acción Comunitaria, Programas Públicos e Comunicación do MNAC”, Guillem d’Efak Fullana-Ferré, do Museu Nacional d’Art de Catalunya.
18:30 Descanso.
18:40 “Onde habitan os feitos: do documento histórico ao discurso educativo”, Simón Vicente, da RMPL.
19:10 “Revirando a educación patrimonial, relacións co corpo, o espazo e as persoas” María Cacheda Pérez, Universitat Oberta de Catalunya e e Agència Catalana del Patrimoni Cultural,
19:50 Debate e clausura.

DESCARGAR PROGRAMA EN PDF