Deputación de Lugo
Formación
Medio ambiente

A Deputación apoia a Cervantes no Día do Libro coa entrega de 100 exemplares dun volume sobre a vía romana entre Lugo e Ancares

día do libro
Cervantes

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou este venres na celebración do Día do Libro de Cervantes, co que colabora a Deputación de Lugo coa entrega de 100 exemplares de Vía Romana XIX. Unha viaxe dende Lugo aos Ancares, seguindo as pegadas de Roma dos autores Antonio Rodríguez Colmenero e Rubén Álvarez Asorey. O acto tivo lugar no CPI de Cervantes e consistiu, por unha banda, na entrega de premios aos nenos e nenas do concello que participaron nun concurso de narración e debuxo e, por outra, na lectura do pregón por parte do notario José Manuel López Cedrón.

Carlos López defendeu que na institución provincial “estamos convencidos de que o futuro do noso rural pasa por ter servizos públicos de calidade, oportunidades laborais, e por coidar a cultura, por conservala, por fomentala e por difundila”.