Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Aberto o prazo de solicitude das bolsas para deportistas de modalidades individuais da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
Deportes
EFRÉN CASTRO
BOLSAS DEPORTISTAS INDIVIDUAIS

A área de Deportes destina 100.000 euros a esta convocatoria para a promoción do deporte

As solicitudes poden tramitarse ata o venres 12 de abril, incluído

Deportistas de modalidades individuais de ata 35 anos empadroados na provincia poden solicitar as bolsas convocadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, cun investimento total de 100.000 euros.

A área de Deportes distribuirá 230 bolsas destinadas a financiar gastos derivados da actividade competitiva, apoiando e fomentando a participación de deporstistas de modalidades individuais en competicións.

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro sinalou que “a convocatoria trata de responder sobre todo ás necesidades de deportistas en etapas de iniciación, e polo tanto de colaborar nuns gastos que atenden fundamentalmente as familias,  desde licenzas ou inscricións en competicións ata transporte ou o material deportivo”

As bolsas, que oscilan entre os 300 e os 2.500 euros, asígnanse en función dos resultados deportivos acadados en probas e campionatos en cada nivel de competición, desde campionatos provinciais ata europeos e mundiais, ao longo de 2023. Resérvanse 16 bolsas para deportistas con capacidades diferentes.

O prazo de solicitude esta aberto ata o 12 de abril, incluído. As bases e formularios están dispoñibles nesta ligazón.