Benestar Social e Igualdade
Cultura
Deputación de Lugo

A Deputación súmase aos actos organizados por Raiolas polo Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

Día Mundial de Concienciación do Autismo
Raiolas

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este martes nas actividades organizadas en Lugo pola Asociación Raiolas con motivo da celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Os actos arrancaron na Praza Maior coa lectura do manifesto, e acto seguido realizouse un infinito humano coa axuda de usuarios e usuarias da entidade. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración anual con Raiolas de 22.000 euros para prestar atención especializada a un total de 65 usuarios e usuarias con TEA (Trastorno do Espectro Autista), e a 115 pais e nais. Ademais, a institución provincial cedeu gratuitamente a Raiolas o local da gardería do Campus de Lugo e financiou as melloras das instalacións para facer realidade o que é o actual Centro de Día da provincia para persoas con autismo. A institución provincial iluminará tamén esta noite de azul a fachada do Pazo de San Marcos para concienciar á cidadanía sobre o autismo.