Cooperación concellos
Deputación de Lugo
Turismo

A Festa da Augardente enche Portomarín un ano máis co apoio da Deputación

FESTA DA AUGARDENTE
PORTOMARIN

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este domingo nos actos da Festa da Augardente de Portomarín. Unha das citas imprescindibles da Semana Santa que volveu encher un ano máis a vila de veciños e visitantes. García Porto salientou o apoio da institución provincial a este evento, co que colabora a través do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024 cunha achega de 6.000€.