Menu toggle
Medioambiente

AUTORIZACIÓN DE USO HORTOS URBANOS DO PARQUE DO RATO (5ª FASE)

Os Hortos Urbanos do Parque do Rato son un espazo público integrador, propiedade da Deputación de Lugo, que pretende potenciar os hábitos de vida saudable relacionados coa agroecoloxía, a obtención e consumo de alimentos de proximidade e locais, así como fomentar o contacto e actividade física na natureza.

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo, en sesión ordinaria de data 22 de setembro de 2023 acordou, a vista da existencia de Hortos libres, realizar a convocatoria pública de participación para a solicitude de autorización de uso dos denominados Hortos do Paseo do Rato (5ª Fase) mediante concorrencia pública, tendo en conta o Regulamento das Hortas urbanas ecolóxicas da Excma. Deputación Provincial de Lugo, publicado no BOP nº 156 do 9 de xullo de 2020.

 

BASES DO PROCEDEMENTO

Condicións para solicitar Horto.

  • Ser maior de idade.

  • Empadroado no concello de Lugo ou colindantes ( Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín ou Outeiro de Rei).

  • Exento de obrigas coas administracións públicas.

  • Non posuír terreos no concello de Lugo coa potencialidade de ser cultivados.

  • Non convivir cunha persoa que xa ten autorizado o uso dun Horto.

As asociacións poderán solicitar Hortos mediante representante da asociación acreditado documentalmente segundo o disposto nas bases do procedemento.

 

Prazos

O prazo para presentar solicitudes será de 10 días hábiles, dende o seguinte á publicación do anuncio no BOP (dende o venres 29 de setembro ata o luns 16 de outubro de 2023).

A autorización outorgarase por un prazo de dous anos prorrogables automaticamnete ata un máximo de 4 anos de duración total e non será en ningún caso transmisible. Ademais, outorgarase con carácter gratuito e non se esixirá a constitución de garantías.

 

Forma de presentación de solicitudes

Lugar – Rexistro da Deputación de Lugo, na súa sede electrónica (https://sede.deputacionlugo.org) ou demais lugares regulados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo.

Documentación a presentar

1) Copia do DNI ou documento que legalmente o substitúa.

2) Solicitude (Anexo I) debidamente cuberta e asinada.

3) Declaración responsable (Anexo II) asinada.

Quen compareza ou asine proposicións en nome doutra persoa ou entidade deberá acreditar a representación mediante documento orixinal, copia auténtica, lexitimada ou fotocopia compulsada da escritura do poder do representado, estar debidamente inscrita no rexistro mercantil (se este requisito fose esixible), certificado da súa representación ou calquera outro documento válido en Dereito que acredite a representación.

4) Certificado de empadroamento do solicitante (no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II).

5) Certificado de estar ao corrente coas obrigas tributarias expedidas pola Axencia Estatal da Administración Tributaria, de non ter débedas pendentes coa Comunidade Autónoma Galega e coa Deputación Provincial de Lugo e, de ser o caso, de estar ao corrente de pagamento coas obrigas da Seguridade Social (no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II).

 

Procedemento

No caso de que o número de solicitudes admitidas supere ao de Hortos libres realizarase unha valoración previa de solicitudes en base a criterios sociais.

Criterios de valoración Persoas físicas

  • Ser desempregado/a e demostralo coa presentación dunha vida laboral actualizada e Certificado da Oficina do Servizo Público de Emprego correspondente, na que acredite a condición de desempregado e o período de inscrición. (Máximo 4 puntos):

    - Desempregado/a de longa duración + de 24 meses (incluído) (4 puntos).

    - Desempregado/a longa duración entre 12 (incluído) e 24 meses (3 puntos).

    - Desempregado/a duración inferior a 12 meses (2 puntos).

 

  • Ter unha renda per cápita anual que non supere ao 200% do IPREM (IPREM 2023 = 8.400,00€), acreditando esta situación cunha fotocopia da Declaración da Renda do ano 2022 de todos os membros da unidade familiar. (Máximo 2 puntos):

    - a) Renda per cápita anual inferior ao 100% do IPREM (2 puntos).

    - b) Renda per cápita anual entre o 100% e o 200% (incluídos) do IPREM (1 punto).

 

  • Ser familia numerosa, condición que se acreditará mediante fotocopia do libro de familia, e a documentación complementaria necesaria en caso de supostos especiais. (Máximo 2 puntos):

    - Familias con máis de 3 descendentes (Título familia numerosa Especial) (2 puntos).

    - Familias con 3 descendentes (Título familia numarosa Xeral) (1 punto).

 

  • Xubilado/a, acreditando dita condición mediante a presentación do correspondente certificado.

    - (1 punto)

Criterios de valoración Asociacións – Colectivos

  • Ser representante dunha asociación sen ánimo de lucro que actúe no campo de persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, con colectivos vinculados ao medio ambiente… e que solicite ese Horto para o colectivo da Asociación. O outorgamento de Hortos, para as asociacións vinculadas a persoas con dificultades de mobilidade, estará limitado ao número de Hortos adaptados existentes. (5 puntos).

     

  • Ser representante de Centros educativos (Director ou representante legal) ou representante de Asociacións de Nais e Pais (Presidente ou representante legal) de centros educativos. (4 puntos).

    Publicaranse no taboleiro de anuncios da Deputación de Lugo e na web da Deputación a listaxe provisional e definitiva de admitidos e excluídos e de ser o caso a valoración anteriormente indicada.

Sorteo de Hortos

A asignación individualizada de cada Horto por solicitante e unidade familiar, realizarase ás 10:00 h. do luns, 15 de xaneiro de 2024, nas dependencias da Deputación de Lugo na rúa San Marcos, 8 (Lugo).

Posteriormente ao sorteo farase a proposta de asignación de autorizacións dos Hortos e citaranse aos adxudicatarios para a sinatura das correspondentes autorizacións, finalizando o procedemento, podendo así estes facer uso do Horto asignado.

Crearase unha listaxe de reserva para cubrir posibles baixas.

 

ANEXOS

ANEXO I (Solicitude)

ANEXO II (Declaración Responsable) 

OUTRA DOCUMENTACIÓN

BOP da convocatoria do Procedemento (BOP 28/09/2023)

Regulamento das hortas urbanas (BOP 09/07/2020)

LOCALIZACIÓN DOS HORTOS

Anuncio listaxe definitiva e resultado do sorteo 

 

Axenda Medioambiente, Medio Rural e do Mar