Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

O gando cabrún protagonizou a derradeira xornada de “O que non arde", organizada por Medio Rural en Casa Quindós

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
medio rural
Mónica Freire
O QUE NON ARDE
DESENVOLVEMENTO RURAL
SOCIEDADE GALEGA PASTOS E FORRAXES
CABRÚN

O encontro sobre silvopastoreo e desenvolvemento rural "O que non arde", organizado pola área de Medio Rural en Casa Quindós en Navia de Suarna, concluíu este domingo cunha xornada centrada no gando cabrún. Ao abeiro da VI Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, durante a mañá persoas expertas do ámbito administrativo e académico e gandeiras e gandeiros das comarcas da montaña intercambiaron coñecementos e experiencias sobre as posibilidades que ofrece o cabrún para o aproveitamento do monte na zona.

As intervencións centráronse en prácticas relativas á ordenación do territorio como as queimas controladas ou en aspectos a ter en conta no manexo do gando para  a convivencia coa fauna salvaxe, así como en aspectos relacionados coa comercialización dos produtos, entre outros temas.

Na xornada de tarde, as persoas asistentes coñeceron de primeira man os resultados das transformacións de pastos en Cerredo (Navia de Suarna) e Quindous (Cervantes) e visitaron a Granxa Teixeiro e Pistón S.C, en Becerreá.