Deputación de Lugo

A Deputación apoia con 20.000€ a celebración dunha nova edición do FIV de Vilalba

FIV
Festival Independente de Vilalba
música
Vilalba
convenios
firma convenio
O Presidente asinou un convenio de colaboración coa Alcaldesa para axudar a manter este festival que, “ademais de dinamizar socialmente a nosa provincia, ten un retorno económico importante para sectores como a hostalería e o comercio”

A cita musical, convertida nun referente do indie rock nacional, celebrarase esta fin de semana adaptándose ás condicións sanitarias

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro Fernández, asinaron este martes no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración a través do cal a institución provincial apoia con 20.000€ a celebración do Festival Internacional de Vilalba (FIV), que terá lugar esta fin de semana, entre o venres 17 e o domingo 19 de setembro.

O mandatario provincial destacou que “con esta contía económica, a Deputación axuda a manter este festival, que ademais dunha proposta de lecer que dinamiza socialmente a nosa provincia, ten un retorno importante para sectores como a hostalería e o comercio”.

Este evento musical, que naceu no 2008 e que logo de 12 edicións está consolidado como un referente do indie rock nacional, é todo un revulsivo para a comarca chairega. 

Neste 2021 terá un formato adaptado ás condicións sanitarias. O Concello de Vilalba prolongou un día o festival para que poida achegarse máis xente coas debidas medidas de seguridade, e adaptou o contido para que teña cabida un público máis familiar. Terá capacidade para un mínimo de 1.000 persoas e un máximo de 2.000 nunhas condicións óptimas de seguridade.

 

Programa do FIV 2021

Venres, 17 de setembro:
Escenario na Praza da Constitución
- 18.00 horas. Momboi
- 19.30 horas. Magical Colors
- 21.00 horas. Dani
- 22.30 horas. Melenas

Sábado, 18 de setembro:
Auditorio Municipal
- 12.00 Proxección do documental Paco Loco: Viva el Noise
Explanada do Pavillón Municipal de Deportes
- 17.00 horas. Xoel López
- 19.00 horas. Ortiga
- 20.30 horas. La Bien Querida
- 22.15 horas. Novedades Carminha
- 00.00 horas. Zahara

Domingo, 19 de setembro:
Escenario da Praza da Constitución
- 13.00 horas. Petit Pop
- 17.00 horas. Banda de Música de Vilalba